TODO É CÁRCERE


︎    O PROXECTO   CV   CONTACTO









«O esquecemento do exterminio forma parte do exterminio».
Jean-Luc Godard. Historie(s) du cinéma






TODO É CÁRCERE é un proxecto artístico que explora os espazos de Galicia onde existiron campos de concentración e cárceres nos primeiros anos do franquismo.

No proxecto confróntanse as fontes primarias existentes asociadas a estes lugares (fundamentalmente memorias e cartas de prisioneiros) coa paisaxe actual, poñendo en conversa os relatos sobre o día a día daquela reclusión co estado e usos actuais destes espazos.

O proxecto explora a paisaxe e reflexiona sobre a súa dualidade, ao tempo receptora e emisora de memoria, reivindicando a importancia da lingua e a palabra como ferramentas para traballar procesos colectivos de represión, memoria/silencio e resignificación simbólica e histórica do territorio.



Proxecto realizado ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia
Financiado por el Fondo Asistencial y Cultural de VEGAP
                   


Mark