CV
︎ O PROXECTO CV CONTACTOS
ELOY ENCISO CACHAFEIRO_ Un dos destacados autores do chamado Novo Cinema Galego, dirixiu curtas e as longametraxes Pic-nic (2007), Arraianos (2012) e Longa noite (2019).
Nos seus filmes, exhibidos en máis de 30 países, Eloy Enciso combina a vertente máis artística do cinema de autor europeo coa construción de personaxes e atmosferas entre a ficción e o documental. O seu traballo explora a lingua, a historia e a paisaxe galegas, reivindicando a súa importancia no noso presente.
Como moitos autores da súa xeración, o seu traballo transcende as fronteiras da sala de cinema e exhíbese en diversos formatos e plataformas: cines, plataformas en liña, museos e centros de arte (como o MoMA, o MNARCS-Reina Sofía ou o ICA de Londres), ou mesmo en ciclos de educación audiovisual como Cinema en curs.
Todo é cárcere forma parte dun proxecto de Eloy Enciso sobre memoria, represión e paisaxe, e que conta con Longa noite (filme premio da crítica no Festival de Locarno 2019), Non (filme en desenvolvemento), Memoria (publicación co artista Misha Bies Golas, en preparación) e a presente web.
+info Eloy Enciso Cachafeiro
+info Longa noite