︎        ︎    ︎



Concello de Cedeira,
A Coruña

Outubro 1937 — Novembro 1938

Campo de concentración creado nas instalacións dunha fábrica de salgaduras propiedade dun líder falanxista local e situado na praia desta vila. Acolleu principalmente presos asturianos.

USO ORIXINAL
Fábrica de salgaduras

USO ACTUAL
Praia e parque municipal

MEMORIAL
Monolito de pedra con placa




︎︎



«Catro fíos de arame espiñento, fixados a estacas da altura dun home acoutaban un terreo próximo ao mar. Rodeaba uns barracóns vellos que eran parte dunha fábrica de conservas de peixe paralizada pola guerra. Subinme á duna máis alta e comecei a recoñecer a paisaxe circundante. Desde o alto vía as sentinelas nas garitas cos seus fusís, e os arames espiñentos para encerrarnos coma se fósemos aves de curral».1

«Os soldados mandaron entrar no barracón. No centro da nave había unha chea de palla de trigo. Dixéronnos que a palla era para servir de cama aos prisioneiros. Todos nos apresuramos a recoller brazadas de palla e estendela no chan. Observei que todos o facían por parellas. “Úneos o medo á soidade. A necesidade de diálogo”, pensei».1

«A febre de liberdade facía delirar aos reclusos. Cambiaba radicalmente a psicoloxía dos posibles indultados, que xa vían a liberdade como algo tanxible e volvíanse dun egoísmo feroz. Era frecuente que presos que foran bos amigos se distanciasen e até deixasen de falarse. En certa forma era lóxico. Xa non tiñan nada en común».1

«Toques de diana e formación para izar a bandeira, saudándoa. Toque de retreta, igual. Os domingos, misa voluntaria a cargo do cura párroco (...). Liberdade para andar por todo o campo aramado; deportes na praia, baño e outros xogos e distraccións. Empezan a vir persoas co obxecto de identificar os prisioneiros. Seguidamente, comezan as primeiras expedicións de reclamados polo Auditor de Guerra para comparecer en Consello de Guerra Sumarísimo».2

«Este campo por su escasísima capacidad y por sus pésimas condiciones higiénicas debe desaparecer».3

TESTEMUÑOS
1. Juan Antonio Cabezas. Memorias. Asturias, catorce meses de guerra civil, 1975. 2. José María Álvarez, «Diario». En La libertad es un bien muy preciado, (Laruelo Roa, 1999, 265).
3. Informe da ICCP (Inspección General de los Campos de Concentración de Prisioneros), 1938.



Mark