︎ ︎ ︎
Padrón, A Coruña
Dec. 1937 - Abr. 1940
Os terreos da antiga azucreira da parroquia de Iria Flavia convertéronse en campo de concentración para uns 3000 prisioneiros chegados principalmente de Asturias e Cataluña. Foron tamén moitos os presos galegos, en especial da bisbarra compostelá.
USO ORIXINAL
Fábrica azucreira
USO ACTUAL
Residencial, solar
MEMORIAL
Non
︎︎
Padrón, A Coruña
Dec. 1937 - Abr. 1940
Os terreos da antiga azucreira da parroquia de Iria Flavia convertéronse en campo de concentración para uns 3000 prisioneiros chegados principalmente de Asturias e Cataluña. Foron tamén moitos os presos galegos, en especial da bisbarra compostelá.
USO ORIXINAL
Fábrica azucreira
USO ACTUAL
Residencial, solar
MEMORIAL
Non
︎︎
«Todos se queixaban das condicións nas que estaban, pero o medo que todos tiñan era a pórse enfermos, pois o que o facía levábano e non sabiamos nada máis sobre el».1
«A miña nai mandoume con dúas potas de leite con azucre. Na porta deillas ao sarxento. O segundo día pegoulle unha patada aos caldeiros e tirouno todo. Non deixaban que a xente lles levase nada».2
«3 Abril 1940: No tren das nove da mañá marcharon os últimos prisioneiros que quedaban na fábrica azucreira de Iria. Eran 83. Din que van ás súas casas. Meus pobres...! Oxalá non volvamos ver semellante cadro. Uns cantos quedan enterrados no cemiterio de Iria... Meus pobres!».3
Testemuños
1. Anxo Alborch, La Voz de Galicia, 6 Agosto 2003 (citado en Los campos de concentración de Franco, Carlos Hernández de Miguel, 2019)
2. Antonio Fernández, en Galiza na guerra civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo, 2015.
3. Camilo Agrasar Vilar. Memorias. Citado en Galiza na guerra civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo, 2015.