︎ ︎ ︎
![]()
Rianxo, A Coruña
Out. 1937 - Dec. 1939
Situado nunha vella fábrica de salgaduras desta vila, moi preto da ría.
USO ORIXINAL
Fábrica de salgaduras
USO ACTUAL
Urbanización de adosados
MEMORIAL
Si
︎︎

Rianxo, A Coruña
Out. 1937 - Dec. 1939
Situado nunha vella fábrica de salgaduras desta vila, moi preto da ría.
USO ORIXINAL
Fábrica de salgaduras
USO ACTUAL
Urbanización de adosados
MEMORIAL
Si
︎︎

«A conserveira na que nos meteron tiña un patio bastante grande, pechado por unha parede duns tres metros de alto. Ás sete da mañá tocaban diana e levábannos ao patio a facer ximnasia durante unha hora, e algúns días facía moito frío. Durante o resto do día sacábannos ao patio dúas horas pola mañá e outras dúas pola tarde. Aproveitábamos a maior parte dese tempo para facer la descubierta, é dicir, para matar piollos; incluso organizábamos carreiras deles nunha mesa para nos entreter».1
«Chegou o Nadal e en Vilagarcía de Arousa fixeron unha colecta para nós. Nun barco trouxéronnos roupa, castañas, noces, viño, mazás e zapatos. Os militares levárono todo e non nos deron nada. Todo isto soubémolo por un cabo ao que os soldados chamaban o cabo rojo».1
«Inxectáronnos contra non sei que, case todo o mundo caeu enfermo. Por toda a nave había homes tirados con febres moi altas. Aos enfermos máis graves, ordenáronnos poñelos preto da porta do patio. Como non deixaban pechar a porta, había alí moita corrente; o enfermo collía unha pulmonía e morría».1
«A auga recollíase da choiva que chupabamos desesperados. Cando non chovía, lambíamos o chan de cemento porque nos aliviaba. Como último recurso bebiamos auga do mar que, aínda que o faciamos en pequenas cantidades, producíanos grandes diarreas».2
«Unha vez, un preso que era de Arriondas tiña febre e durante quince días non puido facer la descubierta. Os parasitos multiplicáronse de tal xeito que cando se levantou toda a cabeza estaba cuberta por unha costra e nin sequera podía camiñar. O cabo rojo colleuno e cortoulle coidadosamente o pelo cunhas tesoiras. Despois, con pinzas, foi levantando toda a costra, baixo a cal aniñaran os piollos. Levouno á ría, bañouno e secouno e púxolle roupa limpa dada por el. Comprou un ungüento na farmacia e, despois de bañalo, poñíalle na cabeza todas as mañás e dáballe un vaso de leite quente. Estivo así durante oito días, ata que os xefes da súa sección se decataron. O "premio" que lle deron foi mandalo á fronte. O prisioneiro de Arriondas, grazas a eses coidados, conseguiu saír adiante».3
«Eu estaba a durmir. Como case non pasaban coches, cando pasaba un camión escoitábalo. Sabías que os levaban para matalos (…). Ás veces paseaban un ou dous... Ao día seguinte falabamos entre nós. Onte á noite non pasearon a ninguén, non escoitei nada. Onte á noite si».4
TESTEMUÑOS
1. José Enrique Llera Iglesias, en La libertad es un bien muy preciado, de Marcelino Laruelo.
2. Benito Caballero, en Rianxo na Guerra Civil: Campo de Concentración de prisioneiros de guerra 1937-1939, de Comoxo, Xosé, Xesús Costa e Xesús Santos.
3. José Enrique Llera, en Rianxo na Guerra Civil: Campo de Concentración de prisioneiros de guerra 1937-1939.
4. Belarmina Ordóñez, Testemuño recollido no proxecto Nomes e Voces (citado por Carlos Hernández en Los Campos de concentración de Franco).



