︎        ︎    ︎



A Pobra do Caramiñal, A Coruña

Xan. - Nov. 1939

Situado na antiga conserveira El Pozo, funcionou durante o ano 1939. Esta vila contou ademais cun segundo recinto, sito noutra conserveira da vila, e que parece que funcionou con certa autonomía.

USO ORIXINAL
Conserveiras

USO ACTUAL
Ruína / Desaparecido

MEMORIAL
Non

︎︎


«Pregunteille á miña nai se a ela lle falaran dese lugar: “Non lles gustaba nada que foramos por alí”, díxome, “pero lembro que os maiores víano como un mal lugar. Un sitio ao que non se debía ir”. Quedoume carraxe de non ter feito colleita etnográfica sobre isto hai anos; moitas das testemuñas da época xa deberon morrer. Agora só queda este lugar, mudo».1

«Ao entrar, vin algúns homes enfermos, no chan de cemento, tapados con capotes. O sarxento que nos guiaba ía abríndose paso a patadas cos que estaban no chan, enfermos».2

«Traballaron moito alí. A xente criticou moito que, mortos de fame, traballasen daquela maneira. Deixáronse a pel. Foi un traballo faraónico. Con picarañas abrían o monte para ensanchar o camiño».3

TESTEMUÑOS
1. Manuel Gago. Recollido na sua web www.manuelgago.org
2. Jaume Sàbat I Aumasqué. De vailet a la masia al camp de concentració. Ed.Grafesa, 1983
3. Testemuño de E.F.P., veciño da Pobra do Caramiñal, recollido en Galiza na guerra civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo, de Santos, Xesús e Xesús Costa. Ed. Concello Rianxo e A Pobra do Caramiñal, 2015.
Mark