︎        ︎    ︎



Muros, A Coruña

Nov. 1937 - Feb. 1938

Muros contou con dous recintos: un situado preto da praia da Rocha, sobre a ría, e outro xunto ao faro de Rebordiño. Como outros campos de concentración galegos situados a carón do mar, foron destinados inicialmente para a reclusión e clasificación dos asturianos e cántabros que intentaron fuxir polo mar despois da caída da fronte norte en setembro do ano 1937.

USO ORIXINAL
1. Fábrica de salgaduras
2. Conserveira

USO ACTUAL
1. Restaurante /
2. Ruínas

MEMORIAL
Non

︎︎


«El primero del actual, fueron traídos a los campos de concentración ubicados en este pueblo unos 1.300 prisioneros de guerra y como faltaban bombillas para el alumbrado de dichos lugares, esta alcaldía se prestó gustosa, como no podía ser menos, a facilitar todas las que fueran precisas de las que estaban reservadas para el alumbrado público... auxiliándoles además con verdadero amor para suministrar agua, paja para albergarse, leña y todo lo que precisaba, de lo que se carecía en las citadas concentraciones, tal vez por descuido de la persona encargada de que estuviese preparado todo lo necesario antes de la llegada de los prisioneros».1

«Unha vez no pobo, buscou pousada e púxose a servir para poder pagar a pensión e estar preto do seu marido e axudarlle no que podía».2 

Testemuñas
1. Carta do alcalde de Muros ao gobernador civil datada o 12 de novembro de 1937. Arquivo Municipal de Muros. Fonte: Francisco Abeijón.
2. Testemuño recollido en Galiza na guerra civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo, 2015.
Mark