︎        ︎    ︎



Betanzos, A Coruña

Agosto 1937 - Maio 1939

Campo habilitado nunha fábrica de curtidos e, polo menos temporalmente, tamén no coñecido Parque dos Pasatempos desta vila. Dedicado a labores de clasificación de prisioneiros, acolleu principalmente presos asturianos e cataláns.

USO ORIXINAL
Fábrica de coiros / Parque urbano

USO ACTUAL
Ruína / Parque urbano

MEMORIAL
Non


︎︎


«O sarxento do ollo de cristal tenme farto. É un veterano, o que se di un sarxento chusquero, medio tocado pola bala que lle atravesou o ollo. Co outro, sempre mira de esguello; é desconfiado como el só. Cando descobre a menor infracción do regulamento, frega as mans de satisfacción e até se lle encrespaba o bigotito de lexionario».1

«Xa ao chegar, puxéronnos a cantar o Cara al sol. Eu non tiña a menor idea, pero movía os beizos facendo ver que cantaba. Pero ao do ollo de cristal non lla daba, tiña posta a orella, e desde entón, e moi a pesar meu, o himno falanxista cabalga na miña memoria á beira do de profundis».1

«O único acontecemento que alteraba a monótona vida do campo era a chegada do carteiro. O correo era unha tómbola. “Que haberá hoxe dentro do sobre? Un billete de vinte e cinco ou un chourizo?”. Alí se plasmaba o ideario libertario, o que xamais tivo vixencia na vida real do país. Compartiámolo todo».1

«Para saír do campo de concentración -os que non tiñan delitos de sangue-, precisábase un aval, unha certificación dun notable do pobo, achegado ao réxime. Mentres os meus pais buscaban afanosamente o aval, pasou un mes... E outro mes... E cada mañá, en posición de firmes, mordendo os beizos, eu agardaba, en balde, que pronunciase o meu nome».1

O tempo non pasaba... e de súpeto, un día ouzo o anhelado berro: “Vicente Ferrer, que veña!”. Foi a miña liberación, pero para entrar nunha nova escravitude, xa que me sacaban do campo de concentración para ingresar no exército».1

TESTEMUÑO 1. Alberto Oliveirais, Vicente Ferrer, La revolución silenciosa.
Mark