︎        ︎    ︎



A Coruña

1927—1997/98

Xunto con Punta Herminia e o Campo da Rata, esta prisión provincial tivo un destacado papel como centro de represión dende o alzamento militar de 1936 até o fin da ditadura franquista. Alcaldes, deputados, mestres, militares, obreiros, artistas, campesiños, estudantes antifranquistas... miles de homes e mulleres pasaron polas súas dependencias, algúns antes de ser fusilados ou paseados. 

USO ORIXINAL
Cárcere

USO ACTUAL
Abandono

MEMORIAL




︎︎


«O amoreamento seguía, en celas de quince presos metían oitenta. Houbo un momento en que só tiña corenta centímetros para estender o colchón e había que durmir de costas, e para non respirar o alento uns dos outros poñiamos unhas taboíñas que nos deran na cociña. A aglomeración era como un castigo, había que estar acotío aguantando o boureo de tanta xente, o fume dos cigarros, a pouca ventilación, a forzosa falla de hixiene co cheirume de suores e roupa sucia».1

«O seren derrotados os alemáns na batalla de Stalingrado o sistema carcerario español cambeou moito. Era outro o comportamento dos guardiáns; traguíanos xornais e noticias verbais. Algúns ata comentaban, para congraciarse con nós, que tiñan exercido o mesmo oficio durante os anos da República. Houbo unha reducción de penas e liberaron moitos presos en todo o país».2

«O máis interesante foi unha cría de gorrión que caeu no patio, a nai da cual intentou sacala de alí por tres días. Nós démoslle agarimos con pan e auga, ata que puido voar. Alí tiñas vintecinco tíos, sentados no chan, contemplando como parvos o aleteo do pardal que, pola noite, durmía na despensa».3

«Afortunadamente, no 72 vivíase mellor. Déronnos o privilexio de organizarnos ao noso xeito, para evitar de antemán que puidésemos promover protestas reivindicativas, tendo en conta que xa non estabamos nos anos 40 ou 60».4

TESTEMUÑOS
1. Xerardo Diaz Fernandez, A crueldade inútil. Edicións do Castro.
2. Francisco Rey Balbís “Moncho”. Web Memoria do cárcere.
3. Jose Torregrosa, preso no ano 1972. Web Memoria do cárcere.
4. Manuel Pillado, preso nos anos 70. Memorias. Web Memoria do cárcere.
Mark