︎ ︎ ︎
![]()
Ferrol, A Coruña
Xullo 1936 - Abril 1939
Habilitado nas naves do arsenal da cidade, acolleu inicialmente veciños e dotacións de mariñeiría contrarios ao golpe militar. Neste lugar tamén foron prisións flotantes tres buques. Durante a Segunda Guerra Mundial, foron internados até a súa repatriación mariños de buques ou submarinos alemáns afondados fronte ás costas galegas.
USO ORIXINAL
Arsenal militar
USO ACTUAL
Instalación militar
MEMORIAL
Non
︎︎

Ferrol, A Coruña
Xullo 1936 - Abril 1939
Habilitado nas naves do arsenal da cidade, acolleu inicialmente veciños e dotacións de mariñeiría contrarios ao golpe militar. Neste lugar tamén foron prisións flotantes tres buques. Durante a Segunda Guerra Mundial, foron internados até a súa repatriación mariños de buques ou submarinos alemáns afondados fronte ás costas galegas.
USO ORIXINAL
Arsenal militar
USO ACTUAL
Instalación militar
MEMORIAL
Non
︎︎

«Na prisión da Escollera transcorrían os días sen suceder nada destacable, ata que chegou por fin o esperado, comezaron levando varios detidos a declarar, someténdoos a fortes malleiras, que realizaban na piscina da Escola de Máquinas e nun local da Falanxe. Algúns regresaban ás celas da morte a seguir sufrindo, a esperar a ser nomeados nunha das terribles listas que todos os días, de madrugada, lían para facer unha saca».1
«Naquelas noites na Escollera ninguén durmía mentres non chegaban coas famosas listas; pero, pola miña parte, cheguei a non soportar esta continua tensión e quedaba durmido no chan (...). Ao espertar e non ver os que descansaban ao meu lado, sabía que os levaran de mañanciña».1
«Desde o primeiro día empezaron a meter frades entre nós, ríanse de nós e dicían: “O que vale é a salvación da alma. Hai que dar conta a Deus dos feitos desta vida e hai que prepararse, pois moitos de vós mañá non vivirán». Despois souben que recorrían ao segredo de confesión para buscar vítimas. Aquel que era incauto e algo crente e lle contaba ao cura o que fixera, se era grave, xa non duraba dous días».2
«Debido á escasa distancia entre a Escollera e a chamada Punta do Martelo, oiamos os berros dos presos chamándolles asasinos, criminais etcétera, e despois dos berros, escoitabamos os disparos de fusís e os tiros de graza».1
«O 25 de setembro fun conducido ao Plus Ultra. Nesta “checa” estabamos aloxados nunha bodega de carga, sen luz e na máis completa sucidade. Éramos uns douscentos homes con só dous caldeiros de auga: un para beber e lavarnos, o outro para defecar».1
«Leváronnos nunha lancha da Mariña cara á Porta do Arsenal; alí había un coche dos antigos de sete prazas, e os cinco esposados con dous gardas civís (...) partiron no coche; despois soubemos que os fusilaran. Aos catro restantes leváronnos á Porta do Arsenal. Eran as once da noite, non había unha soa luz e era outubro (...). Fixéronnos berrar: “Arriba España! Viva España!”, e deseguido nos ordenaron saír do Arsenal sen mirar atrás».1
TESTEMUÑOS
1. Fernando Carballo. Historia de un condenado a las celdas de la muerte. Ed.Concello de Ferrol, 2002.
2. José Rodríguez Bretos. «Cartas de amor y vida desde La Escollera». Revista Ferrol Análisis núm.14, 1999.

