︎ ︎ ︎
Lugo, Lugo
Xull. 1936 - Nov. 1939
O cárcere de Lugo tivo unha importante función na represión franquista da provincia, especialmente tras o triunfo do alzamento no ano 36. Nas súas celas individuais chegaron a convivir máis dunha ducia de presos.
USO ORIXINAL
Cárcere
USO ACTUAL
Museo
MEMORIAL
Exposición permanente
︎︎
Lugo, Lugo
Xull. 1936 - Nov. 1939
O cárcere de Lugo tivo unha importante función na represión franquista da provincia, especialmente tras o triunfo do alzamento no ano 36. Nas súas celas individuais chegaron a convivir máis dunha ducia de presos.
USO ORIXINAL
Cárcere
USO ACTUAL
Museo
MEMORIAL
Exposición permanente
︎︎
«Eramos doce homes e a cela estaba construída para un. A súa forma, case de sector circular, coa porta na parte máis estreita que daba á galería interior, e unha xanela alta e enreixada na parte oposta. Nun dos ángulos había un buraco, utilizado como WC, que os “inquilinos” ocultaran colocando unha manta á maneira de cortina. Nas paredes, con cordas e táboas armaran algo parecido a estantes, onde se podían colocar pequenos paquetes, e no chan, xunto ás paredes, recollíanse as mantas e algún pequeno colchón que durante o día nos servían de asento, deixando no centro un minúsculo espazo libre para poder dar algúns pasos».1
«Non eran precisamente intelectuais os meus novos compañeiros. A maioría labregos, vítimas en xeral e por desgraza do caciquismo aínda imperante nas aldeas».1
«O deshumanizado director —o “lobo feroz”, como lle chamaban os familiares dos presos— sostiña a funesta teoría de que unha boa malleira era máis beneficiosa para o preso —ou sequera menos prexudicial— que unha nota desfavorable no seu expediente».1
«Varios reclusos foron castigados por quedaren na cela mentres dicían a Santa Misa. Cando tentaron protestar, lembraron como nos tiñan repetido moitas veces que a presenza na Misa non era obrigatoria, e contestóuselles: “Sí, hombre, sí. No es obligatorio, pero es reglamentario”». 1
«Un condenado a trinta anos de prisión enganchou dous fermosos exemplares de rato a un carriño construído polos seus compañeiros e púxoos a corricar polo Centro, causando o natural xúbilo de cantos puidemos presenciar tan orixinal “carreira”. Mesmo os Oficiais de garda rían alborozados».1
«Sabiamos todos que cando había sentenza de morte ía un Oficial á cela para coller do brazo o condenado e conducilo á “rectangular”, onde estaban as celas dos condenados á morte, que alí esperaban, incomunicados, a hora do fusilamento. Por iso, cada vez que sentiamos pasos na galería (…) pensabamos no peor e calabamos angustiados, medorentos».1
«Cando lles dixen que fora condenado a vinte anos de reclusión temporal, recibín a impresión de que, para eles, perdía categoría, que me rebaixaba, que me facía menos importante...»1
TESTEMUÑOS 1. Gregorio Sanz, Uno de tantos. Cinco años a la sombra, 1986.