︎        ︎    ︎



Celanova, Pontevedra

Xull. 1936 - Set. 1943

Convento da cidade habilitado como prisión e lugar de represión. Na súa primeira etapa, moitos dos presos aquí confinados viñan despois de pasar polo Tribunal Militar instalado en Camposancos.

USO ORIXINAL
Mosteiro

USO ACTUAL
Mosteiro, sede do Concello

MEMORIAL
Non


︎︎


«Na “leona” empezaron a discutirse condutas de dirixentes. Houbo até conatos de discusións violentas entre os membros de diferentes organizacións políticas. Eu enfronteime con algúns: “Até aquí, que estamos na última estación do traxecto, traedes as vosas querelas políticas que tan caras nos custan”. Tamén lles dixen que para nós todo aquilo terminara, que só eramos vencidos, a mercé do inimigo».1

«Algúns tiñan medo de que nos fusilasen aquela mesma noite. Ninguén se decidía a durmir. O boticario adoitaba ter a maleta chea de bos alimentos, que non compartía con ninguén. Tiña por iso fama de avaro. Observei como abría a maleta e ofrecía chocolate e outros comestibles a quen aínda tiñamos ánimo para comer. Eu, que nin manta tiña aquela noite, pensaba no que pode facer o medo. “É como unha segunda natureza, descobre facetas psicolóxicas que nin os propios interesados sospeitaban”».1

«Cara ás doce (da noite) abriuse a porta. Sen propórnolo, todos estabamos de pé. Entraron silenciosos como pantasmas o director da prisión, uns xefes militares, o xefe de servizos, varios oficiais e soldados da garda exterior con fusís. Chamaron un a un a todos os que pola tarde sen sabelo asinaran a súa sentenza, xa con orde de execución. Cando raiou o día outra vez sobre Celanova vin o chan da cela cheo de maletas abertas, mantas e zapatos, xa sen dono. Pensei nos trece dos trinta que saíran. “Xa estarán mortos”, pensei para min».1


TESTEMUÑOS
1. Juan Antonio Cabezas, Memorias. Asturias, 14 meses de Guerra Civil, 1975.



Mark