︎        ︎    ︎



A Guarda, Pontevedra

[CC]
Xull. 1936 - Nov. 1939

[P]

Nov. 1939 - 1942?

Camposancos foi un dos poucos campos franquistas que contou con tribunal militar no propio recinto e por iso era coñecido polos presos como «a porta do inferno». Rubricáronse polo menos 220 condenas á morte, maioritariamente a presos asturianos. Continuou funcionando como prisión habilitada entre 1939 e 1941.

USO ORIXINAL
Colexio de xesuítas

USO ACTUAL
Estado deteriorado avanzado

MEMORIAL
Non (Si na fosa común do cemiterio)

︎︎


«Nós fomos os primeiros prisioneiros, os que o inauguramos. Cacheáronnos á entrada. Outra vez e outra vez salvei o reloxo. Na planta baixa tiñan as oficinas. Nós ocupabamos as outras plantas, que era onde estaban as celas dos xesuítas, moi pequenas. Metémonos catro en cada cela, durmindo de costado no chan, porque o espazo non daba para máis. Soamente tiñamos unha manta para os catro. A miseria, a cantidade de piollos, é inenarrable. Houbo que tirar os calzóns e quitarlles os petos aos pantalóns para rascarse mellor».1

«Cando empezou a funcionar o Tribunal, celebrábanse todos os días seis consellos de guerra, tres pola mañá e tres pola tarde. Xulgaban vinte presos en cada consello. Naquela época, a todo o mundo o condenaban á morte. Adriano e eu tivemos sorte, pois por aquelas datas ían xulgar tamén un súbdito norteamericano e estaba o cónsul dese país en Vigo. Para dar imaxe de que os xuízos se celebraban con xustiza, neses días ían ser clementes».2

«Comunicáronnos a hora do Consello de Guerra, as sete da tarde, e presentáronnos o avogado defensor. Era un vello militar, de pelo moi branco e cara bondadosa, sacado da súa tranquilidade de xubilado para encargarlle aquel inútil servizo. Cando se informou de que Veiga Pico e eu eramos xornalistas e xulgábannos por iso, chamounos á parte e confesounos: “Non confíen na miña defensa. Procuren defenderse vostedes mesmos, se lles deixan. A min non me fan caso”».3

«Os que tiñan algunha denuncia e eran identificados con algún cargo ou posto de responsabilidade, levábanos a interrogar ao que chamabamos “o pavillón da tortura”, que era onde lles zurraban a badana para sacarlles máis cousas».1

«Para o interrogatorio había unha mesa longa, e diante de cada un de nós estaba o que te ía interrogando. Estaban todos vestidos de paisano, de falanxistas. Eu puxen toda a cara de probín que puiden. “Vostede é de Santoña, vostede é oficial dos vermellos!”, gritoume, ameazando co dedo, o que me interrogaba a min. “Non, señor, son de Barros”. Esa foi a miña salvación: que dixesen “é de” e non “estivo en” Santoña. Eu, está claro, non lles dixen nada. E non se descubriu. Axudoume que ninguén de Barros me puxo unha denuncia. Salveime por iso: o verbo “ser” en vez de “estar”».1


TESTEMUÑOS
1. Avelino F. Cabricano, en La libertad es un bien muy preciado, 1999.
2. Rogelio Fernández, en La libertad es un bien muy preciado, 1999.
3. Juan Antonio Cabezas, Memorias. Asturias, 14 meses de Guerra Civil, 1975.

Mark