︎        ︎    ︎



Oia, Pontevedra

Out. - Dec. 1937/
Feb. - Maio 1939

Este campo «de clasificación» funcionou no mosteiro desta vila costeira nos últimos meses de 1937, tras a caída de Asturias, e na primavera de 1939, tras a caída de Cataluña. Nas paredes do seu recinto consérvanse graffitis feitos polos presos. O espazo encóntrase en desuso despois de que se paralizase un proxecto hoteleiro.

USO ORIXINAL
Mosteiro

USO ACTUAL
Mosteiro abandonado

MEMORIAL
Non

︎︎


«Entra en el puerto de esta villa otra expedición de prisioneros de Cataluña en número de 1.000, siendo conducidos después de desembarcar al Convento de Santa María la Real de Oya, con una tarde infernal de mal tiempo».1

«Vin facer centos de veces a comida, se é que se lle pode chamar así. Aquilo era auga negra. Ao que lle tocaba unha castaña maia era feliz. Comían a “botella” (un tipo de alga), comían a herba crúa do campo... Cando os prisioneiros marcharon, non quedou un só cangrexo, unha soa centola, unha soa alga».

«Alí castañas, castañas e máis castañas».3

«Houbo mulleres que viñeron... que tiveron que rebaixarse (…). Vimos a muller dun prisioneiro cun sarxento entrando nunha casiña. Para poder axudar o seu marido... aquela muller tívose que rebaixar. E non quero dicilo... pero até dentro da igrexa».4

«Viñan cada noite coa papeleta... Eu tiña máis medo! Cinco hoxe, seis mañá, catro outro día, tres días en que non aparecían. Os que levaban non volvían. Moi preto de alí estaba o cemiterio e ouvías os disparos desde o campo».5

«Era un espanto porque tivemos unha epidemia de tifo exantemático. Aqueles mozos novos morreron, moitísimos, e había un cemiterio aí á beira e eu preguntei e dixeron que... que aí ían todos... Morreron moitos, si».6

TESTEMUÑOS 1. Herminio Ramos, alcalde de Baiona, citado en Los campos de concentración de Franco, 2019. 2. Eduardo Pérez Míguez, monaguillo e sancristán de Oia. En El País, 16 de agosto de 2011, e o blog Pé do galiñeiro, de Carlos Méixome. 3. Franciso Miñarro, testemuño en Proxecto Nomes e Voces. 4. Eduardo Pérez Míguez, Testemuño recollido por Proxecto Nomes e Voces e citado en Los campos de concentración de Franco, 2019. 5. Francisco Miñarro, Testemuño recollido por Proxecto Nomes e Voces e citado en Los campos de concentración de Franco, 2019. 6. Josep Subirats, en Rejas de la memoria, documental de Manuel Palacios.
Mark