︎ ︎ ︎
Illa de San Simón, Pontevedra
1936 - 1943
Estas dúas pequenas illas situadas no medio da ría de Vigo e unidas por unha pequena ponte foron habilitadas como espazo de represión pouco despois do alzamento militar, aproveitando as vellas instalacións dun lazareto e un convento. A fame e as mortes por disentería ou enfermidades pulmonares a causa do intenso frío e humidade foron moi habituais.
USO ORIXINAL
Convento, lazareto
USO ACTUAL
Espazo cultural «A illa da memoria»
MEMORIAL
Si
︎︎
Illa de San Simón, Pontevedra
1936 - 1943
Estas dúas pequenas illas situadas no medio da ría de Vigo e unidas por unha pequena ponte foron habilitadas como espazo de represión pouco despois do alzamento militar, aproveitando as vellas instalacións dun lazareto e un convento. A fame e as mortes por disentería ou enfermidades pulmonares a causa do intenso frío e humidade foron moi habituais.
USO ORIXINAL
Convento, lazareto
USO ACTUAL
Espazo cultural «A illa da memoria»
MEMORIAL
Si
︎︎
«Ben se podía dicir, despois das penalidades, que iamos veranear a San Simón, pois aínda corría aquela estación de 1936 e o Lazareto ofrecía un magnífico aspecto. Criamos mesmo, ben erroneamente, por certo, que ao concentrarnos naquel lugar tiñamos de momento aseguradas as nosas vidas».1
«O rancho da illa era bastante malo. Aproveitando os moitos berberechos que existían preto daquel lugar, mesturábanos con arroz ou con fideos, producindo uns amasillos, cuxa consecuencia era que nós padecésemos numerosas diarreas, que se facían crónicas».1
«O xefe militar que estaba na Tribuna á beira do director preguntoulle: “Quen son eses que se colocan á parte?”. Don Carlos contestou: “Son os que non quixeron confesarse”. Aínda insistiu o militar: “E por que os separan?”. Don Carlos, co seu teimudo fanatismo, contestou: “Para que non contaminen os demais”.1
«O padre Nieto dicíanos: “¡Angelitos de Dios! ¡Hijos de la Pasionaria! ¡Dinamiteros! ¡Vosotros! ¡Hay que quemaros como se quemó a los judíos!”»2
«Don Máximo Cuervo propúxose trasladar á nosa illa a todos os vellos reclusos que enchían os cárceres de España. Quero crer que era boa a intención daquel xerarca, pero o disparate foi maiúsculo. Chegaban anciáns estremeños, cataláns, murcianos, andaluces etc. e aquel clima que a nós nos parecía magnífico, para eles foi fatal. Nós nada podiamos facer por eles. Eran tantos os que chegaban, viñan en pésimas condicións, o rancho era escaso... Non debía estrañarnos, pois, que ao cabo dalgún tempo aparecesen colgados das árbores da illa os corpos dalgúns daqueles desgraciados».1
PREGARIA
«San Simón, San Simonciño,
San Simón, santo da serra:
quero pregarche santiño,
que nos saques d'ista terra.
Eiquí estamos doce centos
d'homes probes, ricos, coxos,
sans e tristes e noxentos,
brancos, azules e roxos.
(…)
Illa de San Simón, IV-XXXVIII».3
«Unha vez, ao saír da Oficina, divisei un estraño aquelarre entre os pedrolos que baixaban cara ao mar por detrás da cociña. Atónito puiden decatarme do que pasaba: aqueles anciáns facían lume entre as rochas e asaban ratas que logo comían para aplacar a súa fame».1
«Co motivo dos falecementos de anciáns que morrían diariamente (...) púñame de acordo con Dolores, a miña esposa, na visita que esta me facía pola mañá, e dicíalle: “Espérame no peirao de Cesantes, que imos levar varios anciáns falecidos (...)”. Ó chegar (...), o oficial de prisións, ó ver a miña muller, concedeume con estas palabras: “Te doy tres cuartos de hora para que vayas con tu mujer, con la condición de que ni un minuto más”. Ante isto fómonos a un piñeiral e cando estabamos a facer o coito pasou por alí un mozo (...); deuse de conta de que se trataba dun preso do lazareto e cambiou de ruta mentres nós continuamos facendo o traballiño…»4
«Naquela ocasión puiden abrazar entre bágoas os dous anciáns, aos que atopei moi desmellorados, pero non podía supor que, pola dor que lles causaba a miña situación, habían de abandonarme pronto para sempre, xa que ambos faleceron durante o resto do meu cativerio. Faleceron, primeiro miña nai e máis tarde meu pai de dor polas desditas de seus fillos, que esa é a causa da morte da maior parte dos pais.»1
«Tíñamos trinta e oito centímetros de anchura para durmir. Alí o que daba a volta no medio da brigada xa quedaba sen sitio. Dábase a volta, pero por sistema, ¿entende? Empezaba o do recanto a moverse, entonces empezaba todo o mundo, durmindo: ras, ras, ras... e chegaba ó outro recanto. Todo por sistema».5
TESTEMUÑOS 1. Evaristo Antonio Mosquera. Cuatro años a bordo de una isla, 1984. 2. Antonio Durán e (Antonio) Salvador Caixa, en Aillados. A memoria dos presos de 1936 na Illa de San Simón, 1995. 3. Eduardo Pantaleón. en Aillados. A memoria dos presos..., 1995. 4. Ángel Fernández del Río, en Aillados. A memoria dos presos..., 1995.
5. Antonio Piñeiro Avendaño, testemuño recollido no documental Aillados de A.Caaeiro, J. A. González e C.M. de Saá