︎ ︎ ︎
Concello de Cedeira,
A Coruña
Outubro 1937— Novembro 1938
Campo de concentración creado nas instalacións dunha fábrica de salgaduras situada na praia desta vila. Acolleu principalmente presos asturianos.
USO ORIXINAL
Fábrica de salgaduras
USO ACTUAL
Praia e parque municipal
MEMORIAL
Monolito con placa
︎︎
Concello de Cedeira,
A Coruña
Outubro 1937— Novembro 1938
Campo de concentración creado nas instalacións dunha fábrica de salgaduras situada na praia desta vila. Acolleu principalmente presos asturianos.
USO ORIXINAL
Fábrica de salgaduras
USO ACTUAL
Praia e parque municipal
MEMORIAL
Monolito con placa
︎︎
«Catro fíos de arame espiñento, fixados a estacas da altura dun home acoutaban un terreo próximo ao mar. Rodeaba uns barracóns vellos que eran parte dunha fábrica de conservas de peixe paralizada pola guerra. Subinme á duna máis alta e comecei a recoñecer a paisaxe circundante. Desde o alto vía as sentinelas nas garitas cos seus fusís, e os arames espiñentos para encerrarnos coma se fósemos aves de curral».1
«Os soldados mandaron entrar no barracón. No centro da nave había unha chea de palla de trigo. Dixéronnos que a palla era para servir de cama aos prisioneiros. Todos nos apresuramos a recoller brazadas de palla e estendela no chan. Observei que todos o facían por parellas. “Úneos o medo á soidade. A necesidade de diálogo”, pensei».1